apoxeo
apoxeo
(
-
s
m
[ASTRON]
Punto da órbita da Lúa, dun satélite artificial ou, segundo a hipótese aparente, doutro astro, que se atopa máis distante da Terra.
Ex: O apoxeo dese astro foi observado por milleiros de persoas.
-
s
m
O punto máis álxido, en canto á importancia ou desenvolvemento que acada algo.
Ex: O final do século XX significou o apoxeo das telecomunicacións e da informática.
Sinónimos: esplendor. Antónimos: crepúsculo, decadencia, declive, ocaso. Confrontacións: cénit, cima, clímax, cume, cúspide. -
motor de apoxeo
[AERON]
Propulsor foguete adaptado a un satélite artificial ou artefacto espacial que se pon en funcionamento cando o vehículo se atopa no apoxeo, proporcionándolle o incremento de velocidade necesaria para transferilo a unha órbita máis afastada.