cénit
cénit
-
[ASTRON]
-
s
m
Punto de intersección do hemisferio celeste situado sobre un observador coa vertical astronómica do lugar xeográfico deste observador. No sistema de coordenadas horizontais, o cénit é o punto de máxima altura posible: 90°. O punto diametralmente oposto recibe o nome de nadir.
-
cénit xeodésico
Punto de intersección do hemisferio celeste situado sobre un observador coa recta normal á superficie da elipsoide terrestre, no punto xeográfico onde se sitúa o observador.
-
s
m
-
s
m
Punto culminante dunha cousa, institución, persoa, etc.
Ex: O ano pasado foi o cénit da súa carreira.
Confrontacións: apoxeo, cima, cume, cumio.