cénit

cénit
  1. [ASTRON]
    1. s m

      Punto de intersección do hemisferio celeste situado sobre un observador coa vertical astronómica do lugar xeográfico deste observador. No sistema de coordenadas horizontais, o cénit é o punto de máxima altura posible: 90°. O punto diametralmente oposto recibe o nome de nadir.

    2. cénit xeodésico

      Punto de intersección do hemisferio celeste situado sobre un observador coa recta normal á superficie da elipsoide terrestre, no punto xeográfico onde se sitúa o observador.

  2. s m

    Punto culminante dunha cousa, institución, persoa, etc.

    Ex: O ano pasado foi o cénit da súa carreira.

    Confrontacións: apoxeo, cima, cume, cumio.

Palabras veciñas

cenfollas | Cenicero | Cenicientos | cénit | Cénit | cenital | Cenlle