Decrúa

Decrúa
[PUBLIC]

Revista cultural en galego da asociación homónima. Comezou a súa edición en maio de 1985 nos Muíños, no concello de Muxía. Cesou no seu cuarto número. Coordinada por Xosé M. Currás Rúa, contaba coa colaboración do historiador Manuel Vilar. Incluíu información relacionada coa localidade e a comarca, e artigos sobre etnografía e historia. Á parte, reproduciu poemas de Rivadulla Corcón, Miro Villar e Lino Braxe, entre outros. Inseríronse tamén artigos sobre Gonzalo López Abente, Losada Diéguez, Rosalía de Castro e o poema “A campana d’Anllóns”, de Eduardo Pondal.