dedicación

dedicación

(

    1. s f

      Acción de dedicar ou dedicarse.

    2. s f

      Interese que amosa unha persoa por algo ou por alguén.

      Ex: Tívolle unha enorme dedicación á súa nai dende que enfermou.

    3. dedicación exclusiva/plena

      Situación dunha persoa que se compromete a dedicar todo o seu tempo dispoñible a un determinado traballo. OBS: Emprégase normalmente no ámbito laboral co verbo ter.

      Ex: Dende que accedeu á alcaldía deixou de ser mestre e ten dedicación exclusiva.

  1. s f [RELIX]
    1. Acto que consiste en dedicar un templo, unha igrexa, etc, a un determinado culto. É un feito común que se dá en diferentes relixións e ten un carácter moi marcado no xudaísmo e no cristianismo.

      Confrontacións: advocación.
    2. Festa litúrxica conmemorativa da consagración dun templo. No xudaísmo (Templo de Xerusalén), celebrábase con gran solemnidade durante oito días, costume que logo adoptou o cristianismo.

    3. Inscrición, nun templo ou nun edificio, na que se relata a súa consagración.