defensor -ra

defensor -ra

(< lat defensōre)

  1. adx e s

    Que ou quen defende.

    Ex: As persoas defensoras da muralla de Lugo obtiveron o seu premio ó declarala Patrimonio da Humanidade. Os defensores do castelo rendéronse sen condicións.

  2. adx e s [DER]

    Aplícase ao avogado, de oficio ou libre, designado para a defensa dos intereses dunha persoa ou entidade nun procedemento xudicial.

    Ex: Os avogados defensores non estaban conformes coa sentencia.

  3. defensor do vínculo [DER]

    Eclesiástico que nas causas sobre a existencia do vínculo do matrimonio ten como misión propoñer e expor todo aquilo que, de xeito razoable, poida ser aducido contra a nulidade ou disolución.

  4. defensor xudicial [DER]

    Persoa designada polo xuíz para a garda e protección dos menores ou incapacitados, ou dos seus bens, en determinados casos previstos no dereito.