defensivo -va
(< defensa)
-
adx
Relativo ou pertencente á defensa.
Ex: Mantiveron unha actitude defensiva durante toda a batalla.
Antónimos: ofensiva. -
adx
Que serve para defenderse dun ataque ou dunha agresión.
Ex: Interceptaron a compra de armas defensivas.
Antónimos: ofensiva. -
[DEP]
-
liña defensiva
Conxunto de membros dun equipo que ocupan as áreas do terreo de xogo próximas á súa propia meta para tentar neutralizar as tentativas de ataque dos contrincantes.
-
sistema defensivo
Plan táctico que un deportista ou un equipo emprega para impedir ou contrarrestar os ataques do rival. Nos deportes colectivos contempla especificamente a distribución dos distintos membros do equipo polo terreo de xogo e as responsabilidades que cada un deles debe asumir fronte ás posibles accións ofensivas dos contrarios (movementos, marcaxes, colaboración cos compañeiros, etc).
-
liña defensiva