deferente

deferente

(< lat deferente, p pres de deferre ‘conceder’)

  1. adx

    Que amosa deferencia.

    Ex: Ten un trato moi deferente coa xente que non coñece.

  2. adx [ANAT]

    Que leva ou transporta algo.

    Ex: A vasectomía é unha técnica cirúrxica que consiste en seccionar os condutos deferentes.

  3. circunferencia deferente [ASTRON]

    Circunferencia que, no sistema ptolomeico e noutras teorías xeocéntricas, describe o centro do epiciclo dun planeta que xira arredor da Terra.