deica

deica

(< lat de hinc ad)

prep

Expresa o límite no espazo ou no tempo a partir dun punto de orixe dado.

Ex: Deica Lugo aínda quedan uns quilómetros. Teño tempo deica o san Martiño. OBS: O seu significado é máis restrinxido ca o de ata pois precisa sempre o punto de partida no espazo ou no tempo (equivale a de/desde aquí/alí a/ata ou a desde agora); tampouco pode facer referencia ó pasado (*deica a semana pasada), a non ser que previamente se teña marcado un momento pasado que indique o ‘aquí’ ou o ‘agora’ que constitúe o punto de partida cara a un futuro que pode ser xa un pasado na realidade do falante. Ex: No século XIX a vida era moi dura, mais deica finais do século seguinte non o foi menos.

Citas

  • Deica Lugo aínda quedan uns quilómetros. Teño tempo deica o san Martiño. OBS: O seu significado é máis restrinxido ca o de ata pois precisa sempre o punto de partida no espazo ou no tempo (equivale a de/desde aquí/alí a/ata ou a desde agora); tampouco pode facer referencia ao pasado (*deica a semana pasada), a non ser que previamente se teña marcado un momento pasado que indique o ‘aquí’ ou o ‘agora’ que constitúe o punto de partida cara a un futuro que pode ser xa un pasado na realidade do falante.
  • No século XIX a vida era moi dura, mais deica finais do século seguinte non o foi menos

Frases feitas

  • Deica logo/vernos. Expresión empregada para saudar ou despedirse dunha persoa á que se espera volver ver dentro de pouco tempo.

Palabras veciñas

dei | Deia | Deianira | deica | deicida | deicidio | deíctico -ca