delicado -da

delicado -da

(< lat delicātu)

  1. adx
    1. Que se deteriora ou dana facilmente.

      Ex: Ten coidado con esa copa porque é moi delicada. Non se pode lavar este xersei con auga quente, xa que é delicado.

      Sinónimos: fráxil, feble.
    2. Que carece de fortaleza física e sofre doenzas con moita facilidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “O delicado, pouco mal pero ben laiado”.

      Ex: Os días anteriores a morrer xa estaba moi delicado. Pasaba a vida nos médicos, foi delicado desde que naceu.

      Sinónimos: feble.
    3. Sensible ante calquera molestia, especialmente as físicas.

      Ex: É moi delicada e non sei se aguantará uha viaxe tan longa. OBS: Frecuentemente se usa con sentido pexorativo. Ex: Éche moi delicado para manchar as mans.

    4. Que é propenso a resentirse co trato falto de delicadeza dos demais.

      Ex: Debemos medir as palabras porque Ana é moi delicada.

      Sinónimos: sensible.
  2. adx
    1. Que é agradable, belo e suave.

      Ex: Esa escultura presenta uns trazos ben delicados. Ten os trazos da cara moi delicados.

    2. Que sobresae pola súa fineza, calidade ou perfección.

      Ex: Serviron pratos delicados e viños excelentes.

  3. adx

    Aplícase ao asunto que hai que executar ou tratar con gran coidado ou con habilidade pola súa complexidade.

    Ex: É moi delicado dicirlles ós enfermos que teñen cancro. É unha cuestión delicada. A intervención que lle van practicar é delicada.

    Sinónimos: espiñento.
  4. adx
    1. Que manifesta bo gusto e sensibilidade.

      Ex: Só unha persoa delicada pode apreciar estes poemas.

      Sinónimos: sensible.
    2. Que mostra amabilidade, cortesía e discreción na súa forma de actuar e falar para non prexudicar as demais persoas.

      Ex: É moi delicado no seu trato con todos.

  5. adx m [ALIM]

    Aplícase aos viños pouco rotundos pero agradables.