delicadeza

delicadeza

(< delicado)

  1. s f

    Calidade de delicado.

    Ex: Distínguese pola delicadeza dos seus perfumes. A delicadeza da súa nai foi a máis despois da operación.

    Confrontacións: debilidade.
  2. s f

    Comportamento dunha persoa delicada.

    Ex: Trata os avós con moita delicadeza. Nese asunto non actuou coa delicadeza que debería.

    Sinónimos: sensibilidade, tacto. Confrontacións: tento, tino.
  3. s f

    Acción delicada que demostra atención ou amabilidade con alguén.

    Ex: Vai ter a delicadeza de convidarnos.

    Confrontacións: consideración, cortesía, deferencia, consideración.
  4. s f

    Cousa que destaca pola súa calidade ou perfección.

    Ex: Había manxares exquisitos, bos viños e outras delicadezas. No museo entre outras delicadezas expoñen cuadros de Dalí.

    Sinónimos: exquisitez. Confrontacións: delicia.