derivación

derivación

(

  1. s f

    Acción e efecto de derivar ou derivarse.

  2. s f [MED]

    Desviación artificial do sangue, de líquidos ou de procesos inflamatorios, dunha parte a outra.

  3. s f [MED]

    Cada un dos puntos nos que se fai o exame da actividade eléctrica dunha parte do organismo, especialmente no electrocardiograma e no electroencefalograma.

  4. [LING]
    1. derivación impropia/conversión morfolóxica

      Derivación que se produce cando unha palabra pasa a desempeñar novas funcións sen que se dean cambios na súa forma (está feito un mecenas; foi un amencer precioso).

    2. s f

      Procedemento morfolóxico de creación de novas palabras que consiste na combinación dun lexema ou raíz e un ou varios afixos. Desde o punto de vista da posición destes últimos con respecto á base distínguese entre derivación por prefixación, na que o afixo vai precedendo á raíz e non provoca nunca cambio de categoría sintáctica (xulgar > prexulgar), derivación por sufixación, cun afixo posposto que pode alterar a categoría da palabra derivada con respecto á palabra base (captar > captación) e parasíntese, que forma derivados mediante a aplicación simultánea e obrigada de prefixación e sufixación sobre un mesmo lexema (mudo > enmudecer, *enmudo, *mudecer). Hai derivación simple ou inmediata cando o afixo vai unido directamente á raíz (rexional), e derivación mediata ou complexa cando entre a raíz e o afixo se interpoñen outros afixos, xeralmente con matices aspectivos (tirotear < tir + ot + ear). A derivación caracterízase fronte á composición pola relación de determinación que existe entre a raíz e os afixos, que fai que estes últimos non poidan aparecer como unidades independentes (recoller < re + coller). Neste sentido, ambos os mecanismos morfolóxicos baséanse na aglutinación de elementos léxicos para formar novas palabras, e o que os diferenza é a relación que existe entre eses elementos, de determinación na derivación e de independencia na composición (vagalume < vagar + lume). En función da categoría gramatical da palabra base pódense distinguir entre derivados deverbais, formados a partir de verbos (armar > armamento); denominais ou desubstantivais, formados a partir de substantivos (pedra > pedrada); e deadxectivais, formados a partir de adxectivos (veloz > velozmente; alegre > alegrar).

    3. derivación regresiva [ingl: back formation]

      Derivación pola que se forman substantivos a partir de verbos e que se caracteriza fundamentalmente pola ausencia de afixo, feito que provoca unha redución na súa forma (bailar > baile; disparar > disparo).

    4. derivación sinonímica

      Derivación que provoca a extensión dun proceso de modificación semántica a sinónimos, antónimos e palabras asociadas coa forma orixinariamente afectada. Por exemplo, no ámbito sexual, o substantivo quente estende o seu trazo semántico engadido a sinónimos (ardente, fogoso) e antónimos (frío, fríxido). Tamén se denomina designación sinonímica.

    5. derivación xenérica

      Derivación en que conflúen procedementos flexivos e derivativos que motivan que nun morfema flexivo de xénero se aglutinen, ademais dos valores que lle son propios, outros valores semánticos relacionados co tamaño (saco/saca) ou forma (cesto/cesta); prodúcese, logo, un cambio de significado propio da derivación, pero consérvanse os valores xenéricos dos morfemas flexivos.

  5. [MAT]
    1. s f

      Nun anel A, aplicación D:ADA que satisfai as seguintes propiedades: D(a+b)= D(a)+D(b), e D(ab)= (Da)b+a(Db). No corpo dos reais O, a aplicación derivada, que asigna a cada función derivable f a súa derivada f’, é unha derivación.

    2. s f

      Busca da derivada dunha función.

    3. derivación baixo o signo integral

      Derivación dunha función que se formula mediante unha expresión integral. Así, se f(x)=∫baFz(x,y)dy, nese caso a súa derivada vén dada pola expresión integral f’(x)=∫ba∂F(x,y)/∂xdy. Esta forma de obter a derivada denomínase regra de Leibniz.

  6. derivación sintáctica/frasal [LING]

    Na gramática xenerativa, conxunto de estruturas intermedias que hai entre a estrutura profunda e a estrutura superficial despois da aplicación sucesiva de regras de reescritura.

  7. en derivación [FÍS]

    Tipo de disposición dunha serie de resistencias eléctricas ou doutros elementos similares na que os bornes da mesma polaridade ou homólogos están conectados entre eles, de xeito que a corrente total exterior se reparte entre as distintas ramas formadas. Tamén se coñece como disposición en paralelo.

Palabras veciñas

deriva | derivabilidade | derivable | derivación | derivada | derivado -da | derivante