derivado -da
(< lat derivātu)
-
p reg
de derivar.
-
[LING]
-
adx e s
m
Forma resultante do proceso da derivación. A palabra derivada comporta unha significación distinta da palabra primitiva sobre a que se formou, aínda que conserva algún aspecto semántico que as fai coincidentes. Pódese falar de diversas clases de derivados, segundo a extensión da unidade primitiva da que se parte: derivado primario é o formado directamente a partir dunha raíz (estim- > estimar), e derivado secundario é o que parte dunha palabra xa completa (oliva > olivar).
-
s
m
En glosemática, conxunto de elementos que se obteñen despois das sucesivas operacións de análise. Este conxunto forma unha xerarquía e diferéncianse derivados de primeira (cunha soa operación), segunda (dúas operacións) e terceira (tres operacións) orde, e así sucesivamente. Nun texto dividido en períodos, os períodos en frases, as frases en palabras e as palabras en sílabas, cada unha destas divisións constitúe un derivado de primeira orde respecto á división inmediatamente anterior e de segunda orde respecto á segunda anterior, e así sucesivamente.
-
tempo derivado
Tempo verbal que se forma sobre un tempo primitivo (tiv-ese).
-
adx e s
m
-
adx e s
m
[QUÍM]
Substancia que se prepara a partir doutra da que deriva e coa que mantén unha semellanza estrutural. Un dos métodos que máis se empregan na análise orgánica para identificar un composto é convertelo, mediante unha serie de reaccións coñecidas, noutro composto coñecido que deriva do primeiro.