des-
des-
(
Ver
des
-
pref
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de inversión do significado da palabra simple.
Ex: descoser, desfacer.
-
pref
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘carencia’ ou ‘negación’.
Ex: desconfiar, desprestixiar.
-
pref
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘exceso’.
Ex: deslinguado.
-
pref
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras cun significado intensificador.
Ex: desvivirse.
-
pref
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘fóra de’.
Ex: descentrar, desmarcar.