Des, pazo de
Des, pazo de
Construción nobre situada en Soutolongo (Lalín). Construído no s XVIII baixo o patrocinio de Francisco Gil de Taboada e Lemos Villamarín, vicerrei de Perú, as súas orixes remóntanse ao s XIV, aínda que se reedificou no s XVI. De estilo neoclásico, a fachada principal ten dous corpos laterais avanzados e balcóns sostidos por canzorros e pilastras de orde xigante. Conserva un brasón que fai referencia ás familias Gil de Taboada e Lemos. No seu interior contén un arquivo e unha biblioteca.