Desarrollo y deterioro urbano de la ciudad de Vigo

Desarrollo y deterioro urbano de la ciudad de Vigo
[LIT/URBAN]

Libro de José Luis Pereiro Alonso, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1981), que expón e reflexiona sobre a historia urbanística viguesa e atende tanto aos proxectos como ás realizacións, especialmente ao seu desenvolvemento nos ss XIX e XX. Segundo a obra, que constitúe un dos principais estudios urbanos realizados en Galicia, a urbanización de Vigo nesas dúas centurias respondeu a intereses especulativos, malia que non faltaron en diversos momentos proxectos e plans urbanísticos deseñados para construír unha cidade máis racional que, sen embargo, as máis das veces foron desbotados. A permisividade das autoridades responsables foi un dos factores que propiciou a adopción de modelos urbanizadores nos que, en xeral, primaron os intereses inmediatos dos promotores inmobiliarios, afastados das necesidades da poboación, que se viu abocada, segundo as conclusións do autor, a habitar un espazo inseguro, insalubre e, en certo sentido, inhóspito.

Palabras veciñas

desarringleirar | desarrollismo* | Desarrollo Agrícola | Desarrollo y deterioro urbano de la ciudad de Vigo | desarroupar | desartellar | desarticulación