descargador -ra
descargador -ra
(
-
adx e s
Aplícase á persoa ou cousa que descarga.
Ex: A folga de descargadores paralizou a subministración do mercado.
-
descargador de sobretensión
[ENX]
Instrumento de ferro, en forma de espiral, empregado para descargar as armas de fogo.
-
Aparato que desvía cara á terra as sobretensións que aparecen nas liñas e nas instalacións eléctricas, para que non se produzan avarías nas máquinas e nos aparellos eléctricos da instalación. O tipo que máis se emprega é o de resistencia variable. Consta de dous electrodos, un dos cales posúe uns discos cunha resistencia eléctrica que diminúe ao aumentar a tensión. Cando aparece unha sobretensión, salta o arco entre os electrodos e establécese un paso de corrente cara á terra. Para un valor de tensión próximo ao normal, esta corrente interrómpese.