descargar
(
-
v t
Antónimos:
cargar.
-
Quitar a algo ou alguén a carga que leva.
Ex: Descargaron o camión que levaba os amorodos. Descargaron o burro antes de que chegase. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Os estibadores descargaron de mañá cedo.
Antónimos: cargar. -
Quitar unha carga de algo.
Ex: Descargaron os mobles do furgón coa súa axuda. Descargade os coches do transbordador. Aínda non descargou os feixes de feo do burro. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Descargaron tan rápido que puideron facer dúas viaxes no día.
Antónimos: cargar.
-
-
v t
-
Deixar caer o que se leva como carga.
Ex: Descargou o saco de fariña no pousadoiro.
-
Producir chuvia, neve, pedrazo ou raios, as nubes ou unha tormenta.
Ex: As nubes descargaron litros de auga todo o día. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: A tormenta descargou cando chegou ás montañas.
-
-
v t
Antónimos:
cargar.
-
Disparar unha arma de fogo.
Ex: Descargou o fusil sen conseguir darlle ó cervo.
-
Quitar a carga a unha arma de fogo.
Ex: Descargou a escopeta antes de a gardar.
Antónimos: cargar.
-
-
v t
Facer perder a carga eléctrica a un acumulador, a unha liña ou a unha instalación.
-
v t
Dar un golpe forte sobre algo ou alguén.
Ex: Coa rabia que tiña descargoulle na faciana unha forte labazada. Expulsaron o xogador por lle descargar unha patada nas canelas ó árbitro.
Confrontacións: golpear, pegar, petar, pegar. -
v t
-
Traspasar a outra persoa unha obriga ou responsabilidade que lle correspondía a un.
Ex: Descarga o traballo máis ingrato sobre os seus subalternos.
-
Facer caer sobre alguén o mal humor, o enfado, a cólera ou un sentimento semellante.
Ex: Adoita descargar o seu mal xenio no primeiro que atopa.
-
-
v t
Liberar ou aliviar a alguén dunha obriga ou preocupación.
Ex: Mentres viviu connosco descargoume de coidar dos nenos.
-
v t
Liberar a alguén dunha culpa, dunha carga moral ou dalgún sentimento negativo.
Ex: A confesión do pecado descargou a súa conciencia. Descargárono das acusacións que había contra el.
-
v t
[INFORM]
Copiar nun ordenador un programa ou documento publicado en Internet.
-
v pron
Perder a carga un dispositivo eléctrico.
Palabras veciñas
descargado -da | descargadoiro | descargador -ra | descargar | descargo | descarnado -da | descarnadorIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descargo
descargas
descarga
descargamos
descargades
descargan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descargaba
descargabas
descargaba
descargabamos
descargabades
descargaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descarguei
descargaches
descargou
descargamos
descargastes
descargaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descargara
descargaras
descargara
descargaramos
descargarades
descargaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descargarei
descargarás
descargará
descargaremos
descargaredes
descargarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descargaría
descargarías
descargaría
descargariamos
descargariades
descargarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descargue
descargues
descargue
descarguemos
descarguedes
descarguen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descargase
descargases
descargase
descargasemos
descargasedes
descargasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descargar
descargares
descargar
descargarmos
descargardes
descargaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
descarga
-
-
descargade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles descargar
descargares
descargar
descargarmos
descargardes
descargaren
descargada
descargados
descargadas