descarnado -da
descarnado -da
(< descarnar)
-
p reg
de descarnar.
-
adx
Que ten pouca carne e está moi delgado.
Ex: A súa aparencia descarnada infundía terror.
-
adx
Que é dun grande realismo, podendo incluso chegar a ser desagradable.
Ex: Nos seus relatos sempre aparecen descricións descarnadas dalgún crime.
-
adx
Que non ten adornos ou elementos innecesarios.
Ex: O gañador do concurso literario caracterízase polo seu estilo descarnado.
-
adx
Que deixa ver as rochas por carecer de terra ou de cuberta vexetal.
Ex: Desde o barco viamos unhas illas descarnadas pola forza do mar.