desembocadura
desembocadura
(< desembocar)
-
s
f
Lugar onde conflúen dúas masas de auga que orixinan fenómenos xeolóxicos moi variados, coma por exemplo deltas, diques detríticos, esteiros, ríos ou cordóns litorais.
Ex: Seguimos o curso do río Lérez ata a súa desembocadura.
Confrontacións: embocadura. -
s
f
Lugar onde desemboca un conduto, unha rúa, camiño ou outro tipo de vía.
Ex: Quedamos na desembocadura da rúa do Hórreo para coller o tren.