embocadura
embocadura
(< embocar)
-
s
f
Acción de embocar.
-
s
f
Abertura ou paso polo que se entra a un camiño, a unha rúa, ou a calquera outro lugar.
Ex: Chegas á praza e colles a primeira embocadura á dereita.
-
s
f
Parte do freo que se lles coloca ás cabalerías na boca.
Sinónimos: bocado, bocal. -
s
f
[MÚS]
Boquilla dos instrumentos de vento.
Sinónimos: bocal. -
s
f
[XEOG]
Parte do mar, lago, río, ou canal, a onde chegan as augas doutro curso.
Sinónimos: desembocadura. -
s
f
[ALIM]
Gusto ou sabor do viño.
-
s
f
[ESPECT]
Abertura ou boca do escenario teatral, pola que os espectadores poden ver a representación, unha vez retirado o pano. A este primeiro oco do escenario segue outro, no que se dispoñen os elementos necesarios para recrear o espacio e o decorado de cada representación.