desobediencia

desobediencia

(< desobedecer)

  1. s f

    Acción de desobedecer.

    Ex: Rífanlle a miúdo pola súa desobediencia.

    Antónimos: obediencia.
  2. s f

    Actitude ou disposición para desobedecer algo ou a alguén.

    Ex: A desobediencia é motivo de arresto no exército.

    Antónimos: obediencia.
  3. [DER]
    1. s f

      Actitude negativa ante o cumprimento das ordes emanadas da autoridade no exercicio das súas funcións. O Código Penal tipifícaa como o delito que cometen as autoridades ou funcionarios públicos que se negaron abertamente a dar o debido cumprimento ás resolucións xudiciais, ás decisións ou ordes dunha autoridade superior ditadas no exercicio da súa competencia. Non incorren neste delito os funcionarios públicos que non dean cumprimento a unha orde que constitúa unha infracción manifesta, clara e terminante dun precepto legal.

    2. desobediencia civil

      Actitude que consiste no incumprimento consciente, público e sistemático das obrigas establecidas por disposicións lexislativas consideradas inxustas por aqueles que a practican. O obxectivo da desobediencia civil é a derrogación do texto legal ou sistema cuestionado, unha vez que este foi aprobado e entrou en vigor.

Refráns

  • Ó criado mal mandado poñerlle a mesa e mandalo a un recado.
  • Ó criado mal mandado, poñerlle a mesa e mandala ao recado.

Palabras veciñas

desnutrir | deso | desobedecer | desobediencia | Desobediencia | desobediente | desobrigar