obediencia

obediencia

(< lat oboedientĭa)

  1. s f

    Acción e efecto de obedecer.

  2. s f

    Calidade de obediente.

  3. [RELIX]
    1. s f

      irtude que consiste en someter a vontade propia ao xuízo doutro, recoñecido como superior xerárquico e lexítimo.

    2. s f

      Precepto, instrución ou penitencia que o superior impón a un relixioso.

    3. obediencia cega

      Obediencia, elaborada teoricamente sobre todo por santo Ignacio de Loiola, que consiste en seguir e en facer propio o xuízo do superior relixioso sen examinar nin valorar os motivos do mandato.

  4. s f

    Subordinación ou fidelidade dun súbdito a un señor ou ao soberano.

  5. s f [POLÍT]

    Pertenza a unha causa, a unha ideoloxía ou a un partido.

  6. obediencia debida [DER]

    ontade que se rinde ao superior xerárquico e pode ser circunstancia eximente de responsabilidade criminal, sempre que o mandato corresponda ás atribucións de quen o ordena e a orde sexa legal.

Refráns

  • Anda, neno, anda, que Deus cho manda.
  • Ben mandado, mal mandado, fágase o que manda o señor amo.
  • Culpa non ten o que fai o que lle mandan.
  • Fai o que che manda o teu amo e sentaraste con el no escano.
  • Fai o que che manda o teu señor e sentaraste con el ao sol.
  • Fai o que che mande o teu señor e sentaraste con el ao sol.
  • Fai o que teu amo che mande e sentaraste con el á mesa.
  • Farei o que me mandes e o que non me mandes.
  • Non sabe mandar, o que non foi mandado.
  • O criado ben mandado xanta á mesa co mesmo amo.
  • O que ha de obedecer non se ha de repoñer.
  • O que ten que obedecer non se pode nin se debe repoñer.
  • Obediencia é cortesía.
  • Onde hai patrón non manda mariñeiro.
  • Quen está afeito a mandar, a servir mal se afai.
  • Se che falta a ciencia, ten obediencia.

Palabras veciñas

Obdulia, santa | Obdulio/Obdulia | obedecer | obediencia | obediencial | obediente | Obeid, El-