Obdulio/Obdulia
Obdulio/Obdulia
[ONOM]
Antropónimo que ten a súa orixe na forma latinizada do árabe Abdullah, composto de abd ‘servo, escravo’ e Allah ‘Deus’. É o equivalente semántico das formas latinas Servodei ou Servodeo, nomes de dous santos mozárabes. Sobre a forma feminina creouse máis tarde a masculina.