desocupación

desocupación

(< desocupar)

  1. s f

    Acción de desocupar ou desocuparse.

    Ex: A desocupación do edificio por mor dun incendio produciuse en poucos minutos. Os manifestantes reclamaron a desocupación dos territorios ocupados.

    Antónimos: ocupación.
  2. s f

    Situación na que se encontra o que non ten traballo.

    Ex: Nese país hai moita desocupación xuvenil.

    Sinónimos: desemprego, paro.
  3. s f [ECON]

    olume da diferenza entre o número de horas traballadas e as que poderían traballar as persoas con capacidade para facelo.

Palabras veciñas

desobstrución | desobstruente | desobstruír | desocupación | desocupado -da | desocupar | desodoración