despacho

despacho

(< despachar)

  1. s m

    Acción de despachar.

    Ex: Rematou o despacho dos asuntos pendentes antes das vacacións.

    Confrontacións: conclusión, remate, resolución, conclusión.
  2. s m
    1. Cuarto dunha casa dedicado a actividades de carácter profesional, ao estudo ou á lectura.

      Confrontacións: estudio.
    2. Lugar dunha oficina ou empresa que ocupa un xefe ou empregado para desenvolver o seu traballo.

      Ex: Eses avogados comparten despacho.

    3. Conxunto de mobles que conforman un lugar de traballo.

  3. s m

    Lugar no que se vende ou se despacha algo.

    Ex: Pecharon o despacho das entradas dez minutos antes da súa hora. No centro comercial abriron un despacho de produtos medicinais.

  4. s m

    Comunicación transmitida por teléfono, telefax ou telégrafo.

    Ex: Onte mandeille o despacho dende o telefax.

  5. s m [DER]
    1. Comunicación escrita oficial entre o goberno dun Estado e os seus representantes diplomáticos no estranxeiro.

      Ex: O xefe do goberno enviou un despacho á embaixada de España en Francia.

    2. Comunicación escrita empregada polos tribunais e xulgados para comunicarse entre si ou para dirixirse a outros organismos.

    3. Calquera comunicación escrita librada polos tribunais e xulgados. Poden ser exhortos, mandamentos, oficios e exposicións.

  6. despacho de aduanas [DER]

    Conxunto de trámites burocráticos seguidos pola administración aduaneira para dar curso ás importacións ou ás exportacións de mercadorías e para materializar o dereito á percepción de dereitos arancelarios.

  7. despacho de buques [DER]

    Cumprimento dos trámites administrativos que se deben facer ante unha autoridade aduaneira, sanitaria e de mariña cada vez que un buque entra nun porto ou sae ao mar.

  8. despacho real [POLÍT]

    Patente ou cédula pola que o rei ordenaba unha cousa con certa urxencia.

  9. despacho universal [POLÍT]

    Conxunto de asuntos correspondentes ao ministerio de Estado.

Frases feitas

  • Correr os despachos. Darlles curso sen retardalos.

  • Ter bo despacho. Ser moi hábil e expedito para desempeñar os asuntos que lle encargan.

  • Ter moito despacho. Vender moito un comerciante, ter moitos clientes.