detrítico -ca
detrítico -ca
(< detrito)
adx
Aplícase ás rochas sedimentarias formadas maioritariamente por fragmentos e grans ou partículas procedentes de rochas ou sedimentos preexistentes. As rochas detríticas máis importantes, o 80% das rochas sedimentarias, son as terríxenas, formadas por fragmentos procedentes da erosión do continente. As rochas biodetríticas son as formadas por fragmentos de organismos.