detritívoro -ra

detritívoro -ra

(

adx [ECOL]

Aplícase aos seres vivos que se alimentan de materia orgánica en descomposición, vexetal ou animal. Nos ecosistemas terrestres están representados, entre outros, por algunhas formigas, lesmas, cempés, miñocas e colémbolos. Abundan mesmo nas augas onde o proceso de descomposición é lento, como acontece con moitos poliquetos, moluscos bivalvos ou crustáceos. Tamén reciben o nome de detritófago.

Palabras veciñas

detrás | detrimento | detrítico -ca | detritívoro -ra | detrito | detritófago -ga | detritótrofo -fa