detrás
(< lat de trans)
-
adv
Na dirección oposta á fronte referido a unha situación exterior ao obxecto de referencia.
Ex: A fotografía ten a data escrita detrás. Deixaron o río detrás e seguiron pola fraga. Esa porta sempre está pechada, ninguén sabe o que hai detrás.
Antónimos: diante, diante. -
adv
Na parte posterior do interior de algo.
Ex: No coche sempre senta detrás cos nenos.
Sinónimos: atrás. Antónimos: adiante, diante, adiante, diante. -
adv
A continuación de algo ou de alguén.
Ex: Eu son a primeira e ti tes que entrar detrás. Primeiro vén a locomotora e detrás os vagóns.
Sinónimos: atrás. -
adv
Nun momento posterior. OBS: Tamén se utiliza en todas as acepcións a locución detrás de co mesmo significado.
Ex: Detrás da casa hai un hórreo e unha piscina. Deixou o xersei no asento de detrás do coche. Sempre vai detrás del. Hoxe chegou ó traballo detrás de min.
Frases feitas
-
Por detrás loc adv
-
1 Pola parte posterior. Ex: Fun por detrás e vina na xanela.
-
2 fig Sen que o saiba a persoa de quen se fala.