detrás

detrás

(< lat de trans)

  1. adv

    Na dirección oposta á fronte referido a unha situación exterior ao obxecto de referencia.

    Ex: A fotografía ten a data escrita detrás. Deixaron o río detrás e seguiron pola fraga. Esa porta sempre está pechada, ninguén sabe o que hai detrás. 

    Antónimos: diante, diante.
  2. adv

    Na parte posterior do interior de algo.

    Ex: No coche sempre senta detrás cos nenos. 

    Sinónimos: atrás. Antónimos: adiante, diante, adiante, diante.
  3. adv

    A continuación de algo ou de alguén.

    Ex: Eu son a primeira e ti tes que entrar detrás. Primeiro vén a locomotora e detrás os vagóns. 

    Sinónimos: atrás.
  4. adv

    Nun momento posterior. OBS: Tamén se utiliza en todas as acepcións a locución detrás de co mesmo significado.

    Ex: Detrás da casa hai un hórreo e unha piscina. Deixou o xersei no asento de detrás do coche. Sempre vai detrás del. Hoxe chegou ó traballo detrás de min.

Frases feitas

  • Por detrás loc adv

  • 1 Pola parte posterior. Ex: Fun por detrás e vina na xanela.

  • 2 fig Sen que o saiba a persoa de quen se fala.

Palabras veciñas

detractor -ra | detraer | detrás | detrás | detrimento | detrítico -ca | detritívoro -ra