diante
(
-
adv
Nunha posición ou lugar anterior ou máis avanzado.
Ex: No autobús sempre vai sentada diante. Sentaba un banco diante miña para escoitar mellor a misa.
Sinónimos: adiante, adiante. Antónimos: atrás, detrás, detrás. -
adv
Con anterioridade a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Vai diante sempre que fuxas”.
Ex: Pediume que eu saíse diante para protexela.
Antónimos: atrás, despois, detrás, despois, detrás. Confrontacións: antes, antes. -
adv
Na parte oposta, estando os dous obxectos de referencia fronte con fronte.
Ex: Tiña diante súa o monumento máis importante da cidade.
-
adv
En presenza de alguén.
Ex: Diante miña sempre se porta ben. Na tradición oral recóllense ditos como: “Diante do rei todos calan, pero detrás del todos falan”. OBS: En todas as acepcións este adverbio seguido da preposición de pasa a ser unha locución preposicional co mesmo significado. Ex: Teño catro persoas diante de min na fila. Entrou diante da nai. Diante do meu edificio hai unha panadería. Non dicía pecados diante do cura.
-
s
f
antaxe con que alguén supera ou adianta a outra persoa.
Ex: Este ano o Lemos non conta cunha dianteira tan boa coma a do ano pasado.
-
s
f
[ARQUIT]
Primeira liña de atacantes dun equipo deportivo integrada polos xogadores encargados de rematar o ataque dirixido contra o equipo contrario.
-
Parte anterior dun edificio.
-
adx
Que está ou que vai diante. Na tradición oral recóllense ditos como: “Onde a mula dianteira mexa, mexa toda a recua. Vemos as faltas na alforxa dianteira e non vemos as nosas na traseira”.
Ex: A porta dianteira da igrexa está sempre pechada. Puxéronme un papel no cristal dianteiro do coche.
-
adx
Aplícase a un vehículo que vai máis cargado na súa parte dianteira.
Ex: O carro sempre ten que ir dianteiro para que non se levante co peso da carga.
Frases feitas
-
Botado para diante. Ser atrevido, tomar a iniciativa. Ex: Eu nunca fun moi botado para diante.
-
Coller algo a un por diante. Atropelalo. Ex: Cando atravesaba o camiño veu un ciclista e colleuno por diante.
-
Coller alguén a un (por) diante. Aproveitar a ocasión de ter a alguén diante para dicirlle algo sen rodeos. Ex: Tiña gana de collelo por diante para chamarlle a atención.
-
En diante. loc adv No futuro. Ex: En diante non quero que me chames máis.
-
Ir diante. Sobresaír en algo ou superar a alguén. Ex: Sempre foi diante dos irmáns nos estudios.
-
Ninguén lle pon o pé diante. Estar seguro dun mesmo. Ex: En cuestións de matemáticas, ninguén lle pon un pé diante.
-
Non se lle pon nada/ninguén por diante. Non ter respecto a nada nin a ninguén. Ex: Nos negocios no se lle pon ninguén por diante.
-
Poñer a un por diante. Utilizar unha persoa como escudo. Ex: Cando había problemas, o meu xefe poñía por diante os empregados.
-
Por diante loc adv Pola parte anterior. Ex: Na miña casa nunca entro por diante. Na tradición oral recóllense ditos como: ""Gárdate de boi por diante e de mula por atrás e de frade por toda parte""."