diante

diante

(< de + lat tardío ĭnante)

  1. adv

    Nunha posición ou lugar anterior ou máis avanzado.

    Ex: No autobús sempre vai sentada diante. Sentaba un banco diante miña para escoitar mellor a misa. 

    Sinónimos: adiante, adiante. Antónimos: atrás, detrás, detrás.
  2. adv

    Con anterioridade a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Vai diante sempre que fuxas”.

    Ex: Pediume que eu saíse diante para protexela. 

    Antónimos: atrás, despois, detrás, despois, detrás. Confrontacións: antes, antes.
  3. adv

    Na parte oposta, estando os dous obxectos de referencia fronte con fronte.

    Ex: Tiña diante súa o monumento máis importante da cidade. 

  4. adv

    En presenza de alguén.

    Ex: Diante miña sempre se porta ben. Na tradición oral recóllense ditos como: “Diante do rei todos calan, pero detrás del todos falan”. OBS: En todas as acepcións este adverbio seguido da preposición de pasa a ser unha locución preposicional co mesmo significado. Ex: Teño catro persoas diante de min na fila. Entrou diante da nai. Diante do meu edificio hai unha panadería. Non dicía pecados diante do cura.

Frases feitas

  • Botado para diante. Ser atrevido, tomar a iniciativa. Ex: Eu nunca fun moi botado para diante.

  • Coller algo a un por diante. Atropelalo. Ex: Cando atravesaba o camiño veu un ciclista e colleuno por diante.

  • Coller alguén a un (por) diante. Aproveitar a ocasión de ter a alguén diante para dicirlle algo sen rodeos. Ex: Tiña gana de collelo por diante para chamarlle a atención.

  • En diante. loc adv No futuro. Ex: En diante non quero que me chames máis.

  • Ir diante. Sobresaír en algo ou superar a alguén. Ex: Sempre foi diante dos irmáns nos estudios.

  • Ninguén lle pon o pé diante. Estar seguro dun mesmo. Ex: En cuestións de matemáticas, ninguén lle pon un pé diante.

  • Non se lle pon nada/ninguén por diante. Non ter respecto a nada nin a ninguén. Ex: Nos negocios no se lle pon ninguén por diante.

  • Poñer a un por diante. Utilizar unha persoa como escudo. Ex: Cando había problemas, o meu xefe poñía por diante os empregados.

  • Por diante loc adv Pola parte anterior. Ex: Na miña casa nunca entro por diante. Na tradición oral recóllense ditos como: ""Gárdate de boi por diante e de mula por atrás e de frade por toda parte""."

Palabras veciñas

diaño | dianoia | diante | diante | dianteira | dianteiro -ra | Dianthus