dianteira

dianteira

(< diante)

  1. s f Antónimos: traseira.
    1. Parte de diante dunha cousa.

      Ex: A dianteira do coche non está estragada. 

      Antónimos: traseira.
    2. Primeiras fileiras das distintas localidades nalgúns locais de espectáculos como teatros, prazas de touros, cines, etc.

      Ex: Se che apetece ir ver o Centro Dramático Galego, teño dous billetes para a dianteira do patio de butacas. 

    3. Peito dunha muller. Na tradición oral recóllense ditos como: “Deus te garde de dianteira de viúva e de traseira de mula!”.

      Ex: Esa rapaza ten unha dianteira de medo. 

  2. s f

    antaxe con que alguén supera ou adianta a outra persoa.

    Ex: O gañador da carreira leváballe ó que chegou de segundo unha dianteira de dez minutos. 

  3. s f

    Primeira liña de atacantes dun equipo deportivo integrada polos xogadores encargados de rematar o ataque dirixido contra o equipo contrario.

    Ex: Este ano o Lemos non conta cunha dianteira tan boa coma a do ano pasado. 

  4. s f [ARQUIT]

    Parte anterior dun edificio.

Frases feitas

  • Coller/gañar/tomarlle a un a dianteira. Avantaxar a alguén en algo. Ex: O irmán pequeno colleulle a dianteira ao maior nos estudios.

  • Tomarlle a dianteira. Cortarlle o camiño aos peixes ao lanzarlles a rede en sentido contrario ao que levan.

Palabras veciñas

dianoia | diante | diante | dianteira | dianteiro -ra | Dianthus | diantre