dianteiro -ra

dianteiro -ra

(< diante)

  1. adx

    Que está ou que vai diante. Na tradición oral recóllense ditos como: “Onde a mula dianteira mexa, mexa toda a recua. Vemos as faltas na alforxa dianteira e non vemos as nosas na traseira”.

    Ex: A porta dianteira da igrexa está sempre pechada. Puxéronme un papel no cristal dianteiro do coche. 

  2. adx

    Aplícase a un vehículo que vai máis cargado na súa parte dianteira.

    Ex: O carro sempre ten que ir dianteiro para que non se levante co peso da carga. 

    1. s

      Cada un dos xogadores que forman a liña de ataque dun equipo.

      Ex: O dianteiro dese equipo meteu varios goles. 

    2. dianteiro centro

      Xogador que se coloca no centro da liña de ataque dun equipo.

Palabras veciñas

diante | diante | dianteira | dianteiro -ra | Dianthus | diantre | diantrufo