Deutsches Archäologisches Institut

Deutsches Archäologisches Institut

Institución alemá con sede en Berlín dedicada á investigación da Antigüidade clásica do mundo mediterráneo e do Próximo Oriente. A súa orixe está no Istituto di Correspondenza Archeologica, fundado en 1829 e trasladado a Berlín en 1832. En 1874 creouse a sección de Atenas e posteriormente as do Cairo, Istambul, Madrid (1943), Bagdad e Teherán; e dúas comisións, unha en Frankfurt e outra en Múnic. En 1979 estableceuse en Bonn a Kommission für Allgemeine und Vergleichende Archäologie (Comisión para a arqueoloxía xeral e comparada), dedicada á arqueoloxía de fóra de Europa e do Vello Mundo. En 1996 creouse a sección do Próximo Oriente que uniu a sección de Bagdad e as estacións de Damasco e Sinaí, establecidas con anterioridade. Entre outras actividades organiza escavacións, expedicións, coloquios e congresos. Conta cun arquivo bibliográfico e outro fotográfico.