Deutsches Institut für Normung
Deutsches Institut für Normung
Instituto de Normalización da República Federal de Alemaña, creado en 1926 como o Deutscher Normenausschuss, con sede en Berlín. A súa función é obter unha unificación, con finalidades técnicas e económicas, das medidas, formas, tolerancias, calidades, sistemas, entre outras características, empregadas na industria.