Deza
Deza
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de azul, un castelo de prata. Algúns levan, en campo de ouro, unha faixa de goles acompañada de catro medios paos de azul, dous no alto e dous no baixo. Outros ostentan, en campo de prata, un losanxe de goles, cargado dun castelo de ouro e cantonado de catro flores de lis de azul. Outra variante trae, en campo de goles, un castelo de prata, acompañado de catro flores de lis de ouro, dúas a cada lado; bordo do mesmo metal, coa lenda en letras de sable: “Solo virtutis monumenta manent”.