Deza

Deza
[PUBLIC]

Boletín mensual do instituto de ensino medio e profesional de Lalín que apareceu en maio de 1956. Cesou a súa edición en 1960. Contou coa colaboración de Ramón Mª Aller Ulloa, Xosé Martínez López, Salvador Madriñán e Manuel Riveiro, entre outros. Trátase dunha publicación que tiña como obxectivos o fomento das actividades artísticas, deportivas e políticas dos habitantes das vilas na que se distribuía, entre as que figuran Lalín, Rodeiro, Agolada, As Cruces e Silleda. Mantivo tamén unha estreita relación coa Sociedad de Hijos del Partido de Lalín de Bos Aires.

Palabras veciñas

Deza | Deza | Deza | Deza | Deza, comarca de | Deza, Diego de | Deza, pazo de