diagrama
(< lat diagramma < gr διάγραμμα ‘deseño’)
-
s
m
Representación gráfica dun fenómeno, dunha lei ou da distribución das partes dunha cousa.
Ex: Os diagramas axúdanlle a estudiar mellor.
-
s
m
Representación gráfica que se traza xeralmente nun plano, dotado duns eixes de coordenadas co fin de ilustrar a relación existente entre dúas cantidades variables, unha delas pode considerarse como a función da outra.
-
diagrama bioclimático
Representación gráfica na que se relacionan variables que inciden no tempo atmosférico, tomadas nun período e nun territorio concretos, e que permite caracterizar o clima dese territorio.
-
diagrama de barras
[MAT]
Representación gráfica dunha variable estatística, xeralmente discreta, na que aparecen os valores da variable xunto coa súa frecuencia relativa, representada en forma de barra ou segmento de lonxitude proporcional a dita frecuencia. Tamén recibe o nome de gráfico de barras.
-
diagrama de bloques
[FÍS/ENX]
Representación gráfica na que as unidades esenciais dun sistema, frecuentemente electrónico, se trazan en forma de rectángulos ou bloques, e a súa interacción se representa por liñas que unen estes bloques.
-
diagrama de fases/equilibrio/ composición/constitución
[QUÍM]
Representación gráfica que mostra a relación entre as fases sólida, líquida e gasosa ao modificárense unha serie de condicións como a temperatura ou a presión. Permite determinar os cambios que se producen nelas ao ser modificadas. Ten aplicación no estudo de aliaxes, mesturas salinas ou disolucións salinas.
-
diagrama de fluxo
[TECNOL]
Representación gráfica da secuencia de operacións constitutivas dun proceso. Utilízanse símbolos normalizados para representar as distintas operacións e unidades de equipo, e liñas e frechas para representar as correntes entre os diferentes subsistemas. En ocasións, incorpóranse á representación os valores das variables características das distintas correntes e subsistemas.
-
diagrama de forzas
[FÍS]
Representación gráfica de todas as forzas que actúan sobre un corpo ou un sistema de partículas materiais. Cando este corpo é practicamente indeformable, o diagrama denomínase diagrama do sólido libre, feito que permite establecer as condicións de equilibrio.
-
diagrama de punto de ebulición-composición
Representación gráfica que mostra a variación do punto de ebulición e da composición do vapor dunha mestura de dous líquidos ao variar a composición da mestura líquida de partida.
-
diagrama de sectores
Representación gráfica formada por un círculo no que cada sector corresponde a unha modalidade e as porcentaxes son proporcionais á superficie do sector. Tamén reciben o nome de gráfico de sectores ou diagrama circular.
-
diagrama floral
[BOT]
Gráfico da simetría da flor e do número e a posición das pezas florais.
-
diagrama foliar
[BOT]
Representación gráfica da disposición das follas.
-
diagrama indicador
[ENX]
Representación gráfica do estado termodinámico do fluído no cilindro dun motor endotérmico, que se obtén mesturando a súa presión en función da curva do pistón. A curva resultante é pechada e a superficie que limita proporcional ao traballo efectuado.
-
diagrama ombrotérmico de Gaussen
[CLIMAT]
Gráfico que relaciona a partir dun eixe de abscisas e ordenadas as curvas que describen as temperaturas medias mesuais (medidas en °C), rexistradas ao longo dun ano nun observatorio meteorolóxico concreto coas precipitacións mensuais (medidas en mm) recollidas nese mesmo período e lugar. A simple observación das curvas permite saber se nalgún mes do ano houbo déficit hídrico nos solos, fenómeno que se traduce no cruzamento de ambas, é dicir, cando a temperatura é elevada (consecuencia dunha grande insolación e, xa que logo, dunha alta potencialidade de evaporación da auga) e as precipitacións escasas.