Diario Constitucional de La Coruña

Diario Constitucional de La Coruña
[PUBLIC]

Periódico de tendencia liberal que apareceu na Coruña o 26 de febreiro de 1820, baixo o auspicio da Xunta Suprema do Reino de Galicia. Rematou a súa edición o 6 de xullo de 1823. Fundado, dirixido e impreso por Sebastián Iguereta, constaba de catro páxinas nas que se incluían novas nacionais e do estranxeiro, comunicados, exposicións, proclamas, avisos e sesións de artes. Incluía artigos nos que se informaba dos dereitos que outorgaba a nova Constitución aos cidadáns e comentarios sobre o novo sistema de goberno. No eido literario incluíu dous textos propagandístiscos en verso titulados “Poema aos insurreccionados de Burón” e “Ás comadres de Burón”.