Díaz Gestal, Carlos
Humorista e cantante. Coñecido como O’Xestal, comezou a súa traxectoria musical como barítono no coro Brétemas e Raiolas e como instrumentista (bombo) no cuarteto de gaitas Os do Couto. Participou tamén no Ballet Galego Rey de Viana. Colaborou coas agrupacións Cántigas da Terra, Follas Novas e Toxos e Froles, e cos grupos de gaitas Os Mariñáns, Os Calristas e Os Perilláns. Como humorista, acompañado dun grupo de gaitas, realizou numerosas actuacións por Galicia, por diversos centros galegos (Suíza, Inglaterra, España, Uruguay e Arxentina) e no Círculo Español de Nova York. Na súa discografía figura: O Xestal cos seus gaiteiros (1960), Grupo Folklórico O Xestal (1962), O San Fins do Castro (1962), Cuentos gallegos (1969), Unha vella ruxumeira (1970), Cancións e contos galegos (1973), Contos que van pra feira (1982) e Novos contos do Xestal (1982).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña