ditador -ra

ditador -ra

(< lat dictatōre)

  1. adx

    Que dita.

    1. s m [HIST]

      Maxistrado supremo romano nomeado polos cónsules coa aprobación dos comicios curiados e do Senado que gobernaba como soberano absoluto en circunstancias excepcionalmente graves. Posuía diferentes características e atribucións en función do seu nomeamento; así, os ditatores imminuto iure posuían dereitos limitados, e ocupábanse de asuntos concretos, mentres que os ditatores óptima lege tiñan poderes absolutos e actuaban en casos de guerra ou sedición. Durante o seu mandato, que se limitaba a seis meses, dispuña de todos os poderes da República, pero rematado este período tiña que render contas ao Senado. A comezos do s I a C perdeu o seu carácter temporal con Sila e, máis tarde, Xulio César converteuse en ditador perpetuo. O Emperador Marco Aurelio suprimiu esta institución.

    2. s [POLÍT]

      Nos estados modernos, individuo que concentra e exerce todos os poderes do Estado sen ningún tipo de control.

  2. s m [HIST]
    1. Persoa que, na Antigüidade e na Idade Media, ditaba o texto nas oficinas de reprodución simultánea de copias de códices ou documentos.

    2. Autor dunha ars ditaminis ou formulario notarial ou epistolar.

Palabras veciñas

dita | Ditablanda, a | ditado | ditador -ra | ditadura | Ditadura de Primo de Rivera | ditáfono