Didolodus
Didolodus
[PALEONT]
Xénero de mamíferos, da orde dos litopternos, de ata 60 cm de lonxitude, de corpo groso e cabeza forte, rabo longo e patas curtas. Foi un herbívoro que se alimentaba fundamentalmente de follas de arbustos. Posiblemente, foi o antepasado da maior parte dos ungulados sudamericanos. Propios de principios do Eoceno, os xacementos máis importantes están en Arxentina.