Diesel, ciclo
Diesel, ciclo
Ciclo teórico para motores de combustión interna que desenvolveu e patentou Rudolf Diesel en 1893. Neste ciclo pódense distinguir catro partes: a compresión adiabática do fluído motor, o abastecemento de enerxía a volume constante, a expansión adiabática, e a cesión de enerxía a presión constante. Na realización práctica do ciclo Diesel conséguese o abastecemento de enerxía por medio dunha combustión lenta. A primeira proba dun motor que funcionaba segundo este ciclo fíxoa Diesel coa axuda da empresa Krupp, para o que empregou carbón pulverizado como combustible, e en 1897 púxose a punto o primeiro motor que funcionou con aceites pesados.