1 dieta

1 dieta

(

  1. [ALIM]
    1. s f

      Conxunto de alimentos sólidos e líquidos que compoñen a inxesta diaria habitual dun organismo necesario para realizar as súas funcións vitais. A composición e cantidades dos distintos alimentos que constitúen unha dieta prescrita dependen das necesidades nutricionais e das esixencias determinadas polo estado de saúde e da actividade do organismo. Así, pódense distinguir tres tipos de dieta: a dieta equilibrada, deseñada para subministrar os requerimentos mínimos necesarios de macronutrientes (hidratos de carbono, graxas e proteínas, micronutrientes (vitaminas e minerais), fibra e auga, con fin de manter o funcionamento do organismo e previr o desenvolvemento de enfermidades; a dieta adaptada a requerimentos especiais en diferentes situacións e as dietas terapéuticas, nas que se engaden, eliminan ou controlan determinados nutrintes, ou nas que se modifica a textura ou consistencia para tratar unha patoloxía concreta.

    2. dieta disociada

      Dieta baseada na combinación de determinados alimentos, por exemplo de carnes, ou de ovos con verduras, e o rexeitamento doutras combinacións alimentarias, por exemplo de carnes, de ovos con patacas, e na inxestión de determinados produtos illados, por exemplo os lácteos.

  2. s f

    Abstención total ou parcial de alimentos, por vontade propia ou por orde médica.

    Ex: Púxose a dieta para perder peso.

    Sinónimos: réxime.