disolvente

disolvente

(< lat dissolvente, p pres dedissolvĕre)

  1. adx

    Que pode disolver.

    Ex: Este líquido disolvente é o único que quita as manchas de tinta.

  2. s m [QUÍM]

    Compoñente dunha solución (xeralmente o que ten a preponderancia cuantitativa) en que se dispersa o soluto. As propiedades do disolvente que determinan o seu poder de disolver os sólidos iónicos son a constante dieléctrica (de que dependen inversamente as atraccións entre os ións e o soluto) e o momento dipolar (que determina a magnitude da enerxía de solvatación). Neste aspecto, a auga é un disolvente óptimo que, ademais, ten a propiedade de unirse a algúns solutos, iónicos ou non, por puntos de hidróxeno. Os disolventes clasifícanse en protónicos e non protónicos ou inertes. Os primeiros poden ser protoxénicos (doadores de protóns) e protofílicos (aceptores de protóns); hai tamén moitos disolventes anfipróticos (que poden doar e aceptar protóns, como a auga). Os disolventes empréganse industrialmente en todos os procesos en que disolven, extraen ou fraccionan distintos compoñentes. Aplícanse na elaboración de pinturas, fibras sintéticas, plásticos, adhesivos e produtos desengraxantes, entre outros. No caso das pinturas emprégase a esencia de trementina, a auga, os derivados clorados dos hidrocarburos e algúns alcois, éteres e acetonas.

Palabras veciñas

disolución | disolutivo -va | disoluto -ta | disolvente | disolver | disonancia | disonante