disonancia

disonancia

(< lat dissonantĭa)

  1. s f Antónimos: consonancia.
    1. Combinación de sons disonantes ou discordantes.

      Sinónimos: cacofonía. Antónimos: consonancia.
    2. [MÚS]

      Calidade dalgúns intervalos ou acordes que producen un efecto de insatisfacción auditiva. Na harmonía tradicional tiña que ir seguida da súa resolución. Eran disonantes os intervalos que non formaban parte dos acordes perfectos ou das súas inversións, os intervalos de segunda, de sétima e todos os aumentados ou diminuídos. Na música moderna, a disonancia adquiriu valor por ela mesma.

      Antónimos: consonancia.
  2. s f [LIT]

    Efecto de disharmonía que provocan certos elementos no esquema rítmico dunha composición. Por extensión, alude a todo formante que non concorda co sentido xeral dun poema. Na narratoloxía aplícase ao distanciamento do narrador con respecto á interioridade dos seus personaxes, fronte á consonancia que indica a coincidencia nos sentimentos de ambos. Emprégase tamén para rexistrar o uso irónico da linguaxe que se deriva do desaxuste entre a intrascendencia do contido dun discurso e a elevación da súa expresión ou ao revés.

  3. s f

    Falta de acordo ou de harmonía que teñen algunhas cousas entre si.

    Ex: As disonancias son constantes entre os dous países. A disonancia entre o sillón e a alfombra sobresaen nas decoracións dese salón.

  4. disonancia cognitiva [PSIC]

    Estado de tensión producido nun individuo cando dous elementos cognitivos son incompatibles entre eles. O individuo afánase en reducir este estado pouco cómodo, aínda que teña que unir cognicións compatibles ou cambiar unha das cognicións disonantes. Esta teoría foi exposta por primeira vez no ano 1957 por Leon Festinger.

Palabras veciñas

disoluto -ta | disolvente | disolver | disonancia | disonante | disonar | Disorna