disprosio

disprosio

(

Nome científico: [Dy]
s m [QUÍM]

Elemento químico de número atómico 66 e peso atómico de 162,50, pertencente á serie dos lantánidos, tamén chamada das terras raras. É un metal abrancazado, que funde entre 1.475 - 1.500°C, dun grao de oxidación de +3. De escasa presenza na codia terrestre, extráese dos minerais do cerio mediante métodos complexos nos que se utiliza o intercambio iónico. O metal puro obtense con gran dificultade por electrólise do cloruro fundido e, máis recentemente, reducindo o cloruro polo calcio e o fluoruro polo magnesio. O seu uso non está moi estendido, e emprégase como absorbente de neutróns nalgunhas aliaxes e na industria nuclear. Descubriuno en 1886 François Lecoq de Boisbaudran.