Disputa de l’ase

Disputa de l’ase
[LIT]

Obra en prosa escrita por Anselm Turmeda entre 1417 e 1418 en Tunes, segundo o modelo dun apólogo iraquí do s X. Coñécese grazas a unha tradución francesa impresa en Lyon en 1544, xa que a orixinal, escrita en castelán perdeuse. O autor en primeira persoa expón as dezanove razóns segundo as que demostra a superioridade dos humanos sobre os animais que son refutadas polo asno, agás a última, baseada na encarnación humana do fillo de Deus. Malia a óptica cristiá, a obra presenta un forte ton antimonástico e un carácter satírico e burlesco.

Palabras veciñas

disprosio | disproteinemia | disputa | Disputa de l’ase | disputabilidade | disputable | disputante