disproteinemia

disproteinemia

(< 2 dis- + proteinemia)

s f [PAT]

Modificación cuantitativa ou cualitativa das proteínas do plasma sanguíneo. Algúns procesos patolóxicos poden afectarlles directamente aos órganos e ás células formadoras dalgunha proteína e dar lugar a unha disproteinemia primaria ou específica. Nalgúns casos, estas afeccións son conxénitas e tradúcense nunha falta total, ou case total, da proteína correspondente. Os trastornos xenéticos ou as posibles mutacións poden conducir á aparición no plasma de proteínas anómalas. Finalmente, unha gran cantidade de procesos patolóxicos poden producir modificacións de diversas proteínas plasmáticas e dar lugar a unha disproteinemia secundaria.

Palabras veciñas

disposto -ta | dispraxia | disprosio | disproteinemia | disputa | Disputa de l’ase | disputabilidade